Volve a carreira de verán Run Foz Run
"Volve o Run Foz Run na súa décimo segunda edición," así o anunciaron os organizadores da carreira focega de verán, que este ano celebrarase o 14 e 15 de agosto.
"Sendo prudentes e responsables coa actual situación, e á vez enormemente ilusionados... abrimos as inscricións, este ano limitadas", engadiron, "temos moitas ganas, ademais haberá novidade e sospresas para todos".
Poderán participar na categoría andaina, que será o día 14 de agosto, todo o mundo, e despois haberá categorías para a carreira popular que será o día 15.
Haberá cadetes, infantís, alevíns, benxamíns, pícaros e absoluta e todos terán que recoller o seu dorsal o día anterior no Cenima de Foz e excepcionalmente previo aviso o día da proba.
Para máis información pódese consultar a páxina web do evento.