Volve a Barreiros a Concentración de Retroclásicos

AMariñaXa
O programa comeza ás 10.00 horas coa apertura da exposición de motos e coches clásicos
concentración_retroclásicos_barreiros
3 Ago 2024

A Praia de Coto de Barreiros será escenario dunha nova edición da Concentración de Retroclásicos, que chega a súa sexta convocatoria o vindeiro 24 de agosto. O programa comeza ás 10.00 horas coa apertura da exposición de motos e coches clásicos.

Ás 14.30 horas terá lugar a comida no restaurante A Yenka. Despois terá lugar unha ruta polas praias de Barreiros. A partir das 19.00 horas será a quenda da entrega de trofeos para o participante máis veterán, para o máis novo e para o club máis numeroso. Ademais, tamén entregarán premios especiais para a moto e o coche máis antigos.

As inscricións teñen un prezo de 35 euros para adultos e de 15 euros para nenos ata 14 anos e poden facerse a través do 697 356 090 ata o 22 de agosto. A cita está organizada pola Asociación Retroclásicos de Barreiros coa colaboración do Concello e da Deputación de Lugo.

0.10303401947021