Voluntarios esterilizaron 30 gatos que viven nas rúas de Ribadeo
Trinta gatas e gatos da rúa foron esterilizados polo grupo de voluntariado e de dúas clínicas veterinarias da vila no proxecto deseñado para evitar a expansión dos mesmos.
Actuouse en moitos puntos do concello, concretamente en sete zonas, e acordaron seguir traballando nese sentido e abrindo algún punto máis. Incluso están pensado poñer ao cargo desas zonas a alguén que lles dea de comer aos gatos e gatas nesas localización, e así evitar problemas coa Policía Local e cos veciños.
A intención agora é solicitar unha subvención que concede a Xunta para estas campañas de esterilización. Ademais, no vindeiro orzamento municipal deixarán unha partida para este labor.
Así mesmo, a Garda Civil estuda un posible caso de envelenamento masivo nos arredores da rúa Deputación.