Volta ás aulas: as opinións dos centros
Nos centros educativos a situación segue a preocupar porque os centros aínda non teñen claro como haberá que desevolver o curso que da comezo. As normas da Xunta, igual que o ano pasado non son moi claras e moitos centros están pendentes aínda de desenvolver unha normativa que se corresponda co centro.
COLEXIO DO PILAR
Segundo explican dende o Colexio do Pilar en Foz, hai incerteza de como vai evolucionar a situación sanitaria ao longo do curso.
“Comezamos, quizais cunha pouca de máis tranquilidade que a principios do curso pasado, xa que os protocolos e as medidas xa as temos interiorizadas tanto persoal docente como alumnado e familias”, indica o director do centro.
Ademais teñen a vantaxe de que a maoría das actuacións e cambios que tivemos que facer no curso pasado sérvennos para este.
Recoñecen que as medidas son máis ou menos as mesmas que as do curso 2020/2021 pero “a diferencia máis salientable é a da distancia, que pasa de 1,5 a 1,2
Repecto ás medidas propias, dende o centro indican que manteremos básicamente as do curso que acaba de rematar, “só que co cambio de distancia poderemos voltar a usar aulas que por motivo de tamaño houbemos de cambialas.
Así voltarán a quedar para o seu uso habitual a Sala de Reunións e a Aula Polivalente de deporte”.
Sobre o profesorado explican que a ratio que temos é a que concede a Consellería aos centros concertados polo que no contan con reforzar o profesorado en principio.
O que si estudarán no centro será a posibilidade de celebrar actividades extraescolares, “aínda que non as retomemos todas, temos a idea de comezar con algunhas”, explica o director.
O que si farán será mantelas en grupos reducidos e mantendo os grupos burbulla das clases.
“Tamén posiblemente ofertaremos aquelas nas que poidamos manter as distancias e evitar no posible compartir material”, engaden,
Pero, xunto a todas as medidas queda clara unha cuestión, “Sempre seguiremos escrupulosamente os protocolos establecidos para este tipo de actividades”.
MARTÍNEZ OTERO
Este ano o Colexio Martínez Otero de Foz conta cunha nova dirección a profesora Beatriz Fernández Uria, como directora do centro, e Yolanda Fiallega Gómez como nova xefe de estudos.
Fernandez conta que “a nova normativa da Xunta de Galicia publicada o día 25 non varía moito da anterior, tan só na distancia entre nenos nas aulas que pasa do 1.50 a 1.20”.
“O uso das mascaras segue sendo obrigatorio, o xel hidroalcólico ao incio das sesión lectivas, e sobre todo o mantemento dos grupos burbulla”, explica.
“Aínda podería haber algunha modificación pero de momento xa está todo listo para o comezo do curso escolar, que será o día 9 en infantil e primaria e o día 15 os de secundaria”.
Dende a dirección do centro focego “faremos o que nos dita Sanidade en todo momento, non temos ningunha medida a maiores”
“O que si é queteremos moitísimo coidado en que os nenos non se misturen no patio e nas actividades de lecer así como no comedor escolar, que conta cun protocolo especial”.