Vivemar organiza o III Encontro da cultura marítima da Mariña no Cenima de Foz
AMariñaXa
Vivemar organiza unha sesión colectiva de traballo no III Encontro da cultura marítima da Mariña. será o 22 de xullo
16 Xul 2023
Vivemar convida a todos os colectivos da Mariña que teñan algún tipo de relación co mar e interese polo seu patrimonio a asistir ao encontro de traballo que terá lugar o vindeiro 22 de xullo en Foz.
O obxectivo fixado no anterior encontro foi avanzar na definición e realización dun Catálogo de recursos da Cultura marítima da Mariña e o Cantábrico galego, para o que se artellan tres mesas de traballo segundo a temática, unha para embarcacións, outra para o patrimonio construido e a outra para o inmaterial, é dicir, a memoria das persoas vivas que viviron do e para o mar.
Quen desexe inscribirse deberá cumplimentar o seguinte formulario.
Programa:
- 10.00 h. Recepción participantes:
- 10.15 h. Traballos de posta en común para a realización do Catálogo de recursos da Cultura marítima da Mariña e o Cantábrico galego.
- 10.30 h. Comisións de traballo.
- 12.15 h. Pausa café.
- 12.30 h. Posta en común das comisións.
- 13.00 h. Presentación nº 15 de Nova Ardentía. Emilio Insua, coordinador da revista e Antón Mascato do consello de redacción
- 13.20 h. Os Encontros de embarcacións de Sada 2023. Membros da comisión organizadora
- 13.40 h. Outras propostas de dinamización
- 14.00 h. Xantar. Obrigado inscribirse
- 15.30 h. “O Mar en Foz” por Antón Niñe e visita guiada á exposición de Artes e Aparellos no Cenima. Coordina Sociedade Cultural A Rula de Foz
- 16.30 h. Experiencia en Traiña, no porto de San Xiao. Coordina Daniel García Níñez.
- 17.20 h. Visita guiada ao portiño de San Xiao e á Salgadeira de San Xiao coordinado por Manuel Lara, de Culturmar e Buxa.
- 18.00 h. Fin da xornada, calendario próximas actividades, despedida e entrega de documentación.
- Organiza: Vivemar.
- Responsables: Lucas Requeixo, Daniel García Níñez e Antón Mascato. Coorganiza: Culturmar. Federación de Asociacións pola Cultura marítima e