Viveiro volve descontrolarse a nivel de positivos por covid-19

TerraChaXa | AMariñaXa
11 Xan 2021

A situación epidemiolóxica na provincia de Lugo segue disparándose ao aumentar os casos activos en 27 nas últimas 24 horas ata chegar a 778 (onte foron 52), xa que nas últimas horas rexistráronse 50 contaxios novos (onte foron 71) mentres que as altas chegan ás 6.802, 29 máis que o venres (o día anterior foron 23). Deste todos os xeitos ralentízase o ritmo de contaxios e de casos activos, aínda que ao ser luns podería ser un dato desdibuxado pola fin de semana, na que os datos non se actualizan coa mesma celeridade

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 7.730 casos rexistrados e 147 persoas falecidas, o último un home de 80 anos no hospital da Mariña.

E é que a presión hospitalaria volve subir cun paciente máis na UCI do Hula, que xa ten tres, e un máis tamén en hospitalización en planta con 5 no Hula, 12 no Hospital da Mariña e 4 no Hospital de Monforte (un máis).

A situación na Mariña segue descontrolada Viveiro con 164 contaxios na última quincena, 16 en 24 horas. Na cidade do Landro realizaron un cribado masivo da poboación polo que as cifras aínda poden seguir aumentando. Xove que tivo o seu pico nos 107 casos acumulados en quince días onte con en 107, baixa hoxe aos 101 pero aínda é pronto para falar de ter controlada a situación neste municipio, que ten un dos máis altos de incidencia por habitante da provincia.

Burela queda unha xornada máis estancada en 45 caso ao igual que Cervo, con 18. No Vicedo, volven baixar de dez aínda que é preocupante pola súa incidencia por habitante.

Ribadeo diminúe pouco a pouco ata os 21 (un menos que onte). O resto de concellos mariñaos teñen moi baixa a incidencia e Lourenzá e Barreiros son os únicos onde non houbo casos novos de covid na última quincena.

No resto da provincia a situación na Pastoriza segue sendo crítica sumando casos polo gromo na residencia de maiores de Bretoña, mentres Vilalba logra estabilizarse. En Chantada e Monforte están tamén estabilizados en 16 e 22 casos, respectivamente, e Lugo volve subir.

0.17961812019348