Viveiro vestirase de azul polo autismo
O Concello de Viveiro súmase esta semana á iniciativa estatal Ilumina de azul 2021 con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se celebra o 2 de abril.
O Concello fai un chamamento a conseguir a inclusión plena das persoas con diversidade funcional e iluminará de cor azul como sinal de apoio a porta de Carlos V entre o 1 e o 4 ed abril.
A iniciativa pretende poñer en relieve a necesidade de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con autismo, para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.
“Quero aproveitar a ocasión para facer un chamamento á concienciación, co obxectivo de conseguir a inclusión plena das persoas con diversidade funcional e incidir na necesidade de desenvolver accións e iniciativas que dean visibilidade a este colectivo e que sirvan para sensibilizar á sociedade, facilitándolles, ao mesmo tempo, os medios e instrumentos necesarios para mellorar a súa calidade de vida”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
O concello considera que esta efeméride “debe servirnos para reflexionar e para que cada un de nós, como parte da sociedade, atopemos o camiño a seguir para conseguir unha inclusión e tolerancia efectivas das persoas con diversidade funcional”.