Viveiro únese un ano máis á campaña Quere o teu mercado

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro únese un ano máis á campaña Quere o teu mercado, co propósito de promover os mercados locais e as prazas de abasto, incentivar o consumo de produtos frescos e resaltar os valores da compra local e mais a profesionalidade e o bo facer dos nosos praceiros e praceiras.
22 Maio 2019

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Mercados, para o vindeiro 25 de maio, o concello organizará diversas actividades que terán lugar na praza de Abastos dirixidas tanto ao público adulto como aos máis pequenos. No programa organizado para esta xornada figuran a cocteleiría con Domingo González, de Temple Cocktail Bar, e Marcelo Bartender, de Tiki Bora Bora. Un showcooking con Victor Valenzuela, do Restaurante O Muro, e Alejandro Balseiro, do Hotel Urban Viveiro. E amenización con D'J, ademais de tres actividades para os cativos denominadas "Pirámide alimentaria", "Imos pescar" e "Elaboración dunha mazá de globoflexia"
Dende o concello quérese agradecer a colaboración de Bágoas da Terra, Hotel Urban Viveiro, Restaurante O Muro, Temple Bar e Tiki Bora Bora e animar aos veciños a achegarse á Praza de Abastos para disfrutar desta xornada.

0.052181959152222