Viveiro, un bastión socialista

AMariñaXa
O bastión socialista. Seis candidaturas para conquistar a cidade do Landro e conseguir representantes no consistorio
Viveiro PSOE Maria Loureiro 2023
25 Maio 2023

Seis candidaturas para conquistar a cidade do Landro e conseguir representantes no consistorio

O PSOE leva anos gañando en Viveiro, que é a maior localidade por número de habitantes da Mariña. A actual alcaldesa, María Loureiro quere revalidar a maioría socialista con oito edís, malia que para a maioría absoluta son necesarios nove. Por outra banda, volve ser o concello con máis candidaturas da comarca, no que aparecen novas caras no Partido Popular, Mariña Gueimonde, e novos partidos como VOX e Podemos.

PSOE. A actual alcaldesa confirma “o meu compromiso absoluto con Viveiro e os meus veciños, toca traballar a diario para consolidar o noso proxecto”. Nun mandato moi complicado pola pandemia e o contexto económico e social, “fomos quen de dar pasos fundamentais para ter un novo PXOM, unha ferramenta fundamental para o futuro do concello”.

“Unha candidatura que combina a experiencia na xestión de goberno coa renovación, con caras novas que aportarán ilusión e outra visión das cousas”, explica Loureiro.

“Creo con honestidade que representamos a máis seria e sólida proposta de goberno para os nosos veciños”, engade a socialista, que sostén que “toca traballar a diario como ata agora para consolidar o noso proxecto. Co traballo feito nestes anos, Viveiro é ademais a referencia turística e do sector servizos da Mariña, pero aínda queda moito traballo por diante, loitando pola nosa vila e o conxunto da comarca”, explica.

“Temos unha candidatura paritaria coa presenza de persoas do casco urbano e as parroquias, todas elas moi preparadas para traballar por Viveiro”, apunta Loureiro.

PP. Mariña Gueimunde é a candidata do PP e que conta cun equipo de 27 persoas “comprometidas co futuro de Viveiro e cunha gran responsabilidade polos problemas da cidade”, así se referiu a candidata. Trátase, segundo apuntou, “dun gran equipo”. É unha lista 100% paritaria que representa as diferentes parroquias do concello. “Xente xove con preparación, ilusión e experiencia laboral nos diferentes campos; unha mostra, dixo, do que é verdadeiramente a sociedade viveirense”.

O obxectivo principal para Gueimunde é volver a gañarse a confianza dos veciños do municipio para dar resposta as súas necesidades e ser unha alternativa real de cara as próximas eleccións municipais. “Viveiro necesita dunha rehabilitación estrutural para recuperar a súa grandeza, neste momento contamos cun equipo de goberno que está a cambiar as cousas a peor, e por iso, vamos a traballar con ilusión, humildade e seriedade para lograr uns resultados favorables”, engade a popular.

POR VIVEIRO. Bernardo Fraga, foi elixido por unanimidade e presentarase por segunda vez consecutiva aos comicios municipais na localidade. Afrontan as eleccións de maio co obxectivo de liderar o cambio político necesario logo de 40 anos de alternancia no goberno dos grandes partidos tradicionais. Queremos representar a todas aquelas persoas que se senten abandonadas, que consideran que Viveiro está en decadencia, e que debe ser un partido local, quen lidere un goberno de boa xestión, con capacidade de diálogo con calquera dos partidos, sen vetos nin miopía ideolóxica, para reverter a situación na que nos atopamos. En definitiva, un goberno de Viveiro, que traballe por Viveiro.

BNG. “Forza, enerxía e confianza é o que sinto polo apoio recibido” manifestou Míriam Bermúdez tras ser elixida por unanimidade para encabezar a lista do BNG de Viveiro nunha asemblea na que asegurou que “só se respiraba positivismo e seguridade”.

Bermúdez presentou un proxecto firme no que ademais da constancia e traballo, destacou iniciativas e proxectos claros para Viveiro con propostas para as parroquias como: mellorar a rede de saneamento, achegar fibra de alta velocidade, dinamizar as antigas escolas, poñer en marcha un Plan de Estradas, sacar adiante un PXOM ben planificado e crear unha Liña de Transporte Público, entre outras.

Míriam tamén salientou a necesidade de humanizar o concello creando espazos para as persoas como peonalizar a Praza de Lugo, retirar o enreixado de Lodeiro a Celeiro habilitando aparcamentos e unha nova zona verde, redactar o 1º Plan de Accesibilidade para Viveiro, introducir os cascos nas zonas REXURBE, mellorar as instalacións infantís ou transformar o Casino nun centro de ocio para a mocidade.

PODEMOS. Podemos anunciou a súa lista para as eleccións municipais en Viveiro, que estará encabezada por Roberto Yáñez. . Fontes do partido amosáronse “moi satisfeitas” pola “ampla presencia de líderes das distintas sensibilidades do progresismo e da esquerda no concello”.

VOX. O partido estatal encabezado por Jesús Primitivo Rodríguez é a primeira vez que se presenta neste concello. Rodríguez É licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid e doutor pola de Alcalá, foi xuíz substituto e maxistrado suplente na Audiencia Provincial de Ourense. E tamén, profesor na Universidad Rey Juan Carlos, en Madrid.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PSOE

1. María Loureiro García
2. Jesús Fernández Fernández
3. Lara Fernández
4. María Soledad Rey Yáñez
5. Eleazar José Rodríguez Abuín
6. Catalina Fernández Méndez
7. Darío García García
8. Andrea Ríos Rodríguez
9. María Del Carmen Franco Díaz
10. Jacobo Bermúdez Guerreiro
11. Jesús Chao da Silva
12. Covadonga Viamonte Aguiar
13. Óscar Canoura González
14. María Dolores Blanco Polo
15. Emilio Villarmea Méndez
16. Vitorina Candeias Raposo
17. Iber Xosé Sánchez Rey
Suplentes:
1. Vicente Hermida Rodríguez
2. María Carmen Parra Maestre
3. María Dolores Fraga Fernández

PP

1. Mariña Gueimunde González
2. Martín Vale Cobo
3. Domingo González López
4. Pablo Varela Sánchez
5. Saray Ventura Fernández
6. Vicente Vázquez Chao
7. Erea Rivera Vázquez
8. Francisco José Cora Fernández
9. Virginia Fernández Lage
10. Verónica Mantilla Rodríguez
11. Laura Díaz Lamelas
12. Elena González Eijo
13. María José Dablanca Ferreño
14. José Darío Paz Veiga
15. Alejandro González López
16. Marta García López
17. Carlos Martínez Fernández
Suplentes:
1. Cristina García Lage
2. Jorge Gómez Santos
3. Gabriel Timiraos Delgado
4. Regina Pigueiras Domínguez
5. Felipe López Fernández
6. Fátima María Fernández Gómez
7. Francisco Rivas Cao
8. José Camilo Arias Rial
9. Claudia Romero Ramírez
10. Antonio Fabián Cazás García

POR VIVEIRO

1. Bernardo José Fraga Galdo
2. Manuel Galdo Dopico
3. Carmen Paula Insua López
4. Bernardo Regal Dovale
5. Lucía López Pereira
6. Óscar Lara Gil
7. Roberto Cruz Dopico
8. Teresa Mercedes García Martínez
9. Manuel Insua Díaz
10. Elena María López Galdo
11. Jose Luis Moñita Martín
12. Goretti González Orol
13. Indalecio Orosa Vázquez
14. María Pal
15. José Ramón González López
16. Jose Luís Fraga Castiñeiras
17. Noa Pardo Rivera
Suplentes:
1. Alberto Pigueiras Leal
2. Carmen Soto Ricoy
3. Marco Antonio Chao Palmeiro
4. Alfredo Fernández Castro
5. Eva Trigo Sanjurjo
6. Iván Castro Cora
7. María Josefa López Rodríguez

BNG

1. Míriam Bermúdez García
2. Iria Cotelo Cociña
3. Juán Ramón Martínez Castro
4. Severino Salgueiro Rodríguez
5. Santiago López Chao
6. Xosé Luís Ramallal Rego
7. María Carballal Febreiro
8. Carmen Mariño Caneiro
9. María Simón Cundíns
10. Alejandro Ferro Balseiro
11. Francisco de Borja Eijo García
12. Claudia Rivera Vázquez
13. Juán Luís Fernández Fernández
14. Tania Monteagudo Bermúdez
15. José Antonio Goas Basanta
16. Iliana Fraga Sánchez
17. Xulia Antía Canoura Díaz
Suplentes:
1. Iván Pena Muras
2. Gloria Rouco Llanderrozas
3. María Do Mar Chaves Álvarez

VOX

1. Jesús Primitivo Rodríguez
2. Jorge Rivas Braña
3. Félix Cienfuegos Rivas
4. Maria Ángeles Garcia Cadaveira
5. Ana Isabel Rodrigo Perez
6. Félix Fernández Gonzáalez
7. Carlos Manuel Fidalgo Iglesias
8. María Almudena Corredera
9. Josefa Fenor Vicente
10. Miguel Ángel Rey Batán
11. María Zulema Infanzón Suárez
12. Maria Dolores Pérez Seijas
13. Miguel Luis Ibañez Costoya
14. José Higinio Ameijide Díaz
15. Pablo Teijeiro Gómez
16. Pilar González Pérez
17. Rubén Balseiro Otero

PODEMOS

1. Roberto Vicente Yáñez Frieiro
2. Carlos Alberto Gueimunde
3. María Isabel Vázquez Pérez
4. Noelia Herrera Bruzos
5. Jesús Teodoro Fernández Dovale
6. María José López García
7. José Manuel Vázquez Requeijo
8. Enriqueta Gutiérrez Martínez
9. Orencio Orosa García
10. Jesús Antonio Cerrato García
11. Juan Carlos Herrera Reyes
12. Elena Insua López
13. Bruno Salgueiro Fanego
14. Myriam del Carmen Lira
15. Verónica Herrera Bruzos
16. Matilde Gutiérrez Martínez
17. Orlando Expósito Mariño

Viveiro Mariña Gueimonde PP 2023
viveiro eleccions 20219
bernardo fraga por viveiro 203
miriam bermudez BNG Viveiro
podemos viveiro 2023
0.2270348072052