Viveiro terá unha nova edición da Ruada de contos
O Concello de Viveiro presenta unha nova edición durante o mes de setembro, a Ruada de contos, un conxunto de espectáculos dirixidos á infancia, á mocidade e ao público familiar, para fomentar o emprego da lingua galega.
A programación será durante os sábados de setembro e comezará o próximo 3, con A illa do tesouro de Ghazafellos. O seguinte será A danza dos paxaros e o día 17 Trotasong. Estas tres serán ás 18.00 nos xardíns Noriega Varela.
Por último o sábado 24 será a quenda de A maleta, Conta contos inclusivo en lingua de signos e lingua galega, ás 12.00 horas na sala multiusos. Todos os espectáculos realizaranse na Sala Multiusos do Concello de Viveiro no caso de chuvia.
Este programa realízase co obxectivo de fomentar o emprego da lingua galega en todos os ámbitos. O goberno local, dirixido por María Loureiro, busca con este programa que a mocidade deixe atrás vellos prexuízos e inercias negativas sobre a lingua galega; así como fomentar a creatividade e o ocio no idioma galego garantindo unha ampla oferta cultural en galego.