Viveiro súmase ao apagón medioambiental

AMariñaXa
Viveiro súmase ao apagón medioambiental deste sábado xunto a máis de 20 concellos para concienciar sobre o cambio climático
apagon medioambiental 2021 1
5 Jun 2021

Viveiro únese este sábado 5 de xuño á acción convocada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade polo Día do Medio Ambiente para suspender, a partir das 23:00, o alumeado público de consistorios, prazas igrexas e outros monumentos. 

A finalidade da acción é concienciar sobre o consumo enerxético e encádrase no proxecto europeo “People and Planet”, que implica á mocidade e aos gobernos locais na loita contra o cambio climático. 

En total, 23 concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sumaranse a este “apagón” do alumeado dos seus edificios e monumentos. No caso de Viveiro, o goberno local decidiu adherirse á iniciativa suspendendo, a partir das 23:00 e durante toda a noite do día de mañá sábado 5 de xuño, a iluminación da porta de Carlos V e a da igrexa de Santa María. 

apagon medioambiental 2021

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18284583091736