Viveiro súmase á Rede galega de praias sen fume
AMariñaXa
Viveiro súmase á Rede galega de praias sen fume, promovida polo Programa de promoción da vida sen tabaco da Dirección Xeral de Sáude Pública
1 Xul 2021
O Concello de Viveiro súmase á Rede galega de praias sen fume, promovida polo Programa de promoción da vida sen tabaco da Dirección Xeral de Sáude Pública da Consellería de Sanidade, coa incorporación á rede das praias de Covas e Area.
Os obxectivos da iniciativa Praias sen fume son promocionar unha vida sen tabaco, desnormalizar o consumo do tabaco na sociedade, reforzar o papel modélico-positivo dos pais/nais, formar unha rede galega de ‘Praias libres de tabaco’ e promover praias que respecten e coiden o medio ambiente.
Esta campaña ten un fin educativo, de promoción da saúde e de protección do medio ambiente, sendo o seu cumprimento voluntario.