Viveiro solicita nenos voluntarios para acompañar aos cabezudos durante o San Roque
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
5 Aug 2019
O Concello de Viveiro informou acerca de que o luns, 5 de agosto, ábrese o prazo para anotarse para levar os enanitos dos cabezudos, que sairán polas festas de San Roque, do 10 ao 15 de agosto. Os levadores ou acompañantes serían pícaros de sete a doce anos de idade.
O prazo está aberto ata cubrir ás prazas existentes e a inscrición pódese formularse no Teatro Pastor Díaz, de 9 a 14.00 horas, presencialmente ou ben chamando aos teléfonos 982560162 e 982560128.