Viveiro retoma unha das súas citas tradicionais do verán, a XIII Feira Renacentista

AMariñaXa
Viveiro retoma este ano unha das súas citas tradicionais do verán, a XIII Feira Renacentista, tras o parón obrigado pola pandemia
Viverio renacentista 2
8 May 2022

O Concello de Viveiro retoma este ano unha das súas citas tradicionais do verán, a XIII Feira Renacentista, tras o parón obrigado pola pandemia do coronavirus. 

Esta nova edición da feira e o mercado renacentista será os días 7, 8, 9 e 10 de xullo, tras a celebración do Resurrection Fest.

“A feira lucirá de novo con todo o seu esplendor e coa súa programación habitual, con actividades como o desembarco e as comidas na rúa”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

“É unha satisfacción poder recuperar a normalidade tras dous anos de pandemia, cun evento como este tan esperado por veciños e visitantes”, engade pola súa parte a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15826416015625