Viveiro retoma o seu Club de Lectura en Feminino que xa chega a súa terceira edición
O Concello de Viveiro retoma o seu Club de Lectura en Feminino e que chega a súa terceira edición. Nesta ocasión será de novo Estibaliz Veiga, actriz, pedagoga e divulgadora, a encargada da coordinación das reunións.
Este xoves haberá unha primeira toma de contacto en liña e en novembro a cita será con Ledicia Costas, invitada ao club pois vaise traballar o seu libro 'Golpes de Luz'.
"Convidamos a todas as persoas interesadas a participar neste clube, de balde e para poñer en valor o traballo das mulleres escritoras, moitas delas galegas”, asegura a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
Por outra parte, hoxe 14 de outubro, polo Día das Bibliotecas, o Concello entregará bolsas conmemorativas de Superarte 2023 a todas as persoas que se fagan socias da biblioteca ou se achegen a recoller un libro.