Viveiro repartirá exemplares do libro 'Cen historias máxicas pola Mariña Encantada'

AMariñaXa
Con motivo do Día do Libro Viveiro repartirá exemplares nos centros educativos do libro 'Cen historias máxicas pola Mariña Encantada'.
Cen historias maxicas pola Marina Encantada
23 Apr 2021

Con motivo do Día do Libro, a Concellería de Cultura do Concello de Viveiro repartirá exemplares nos centros educativos do municipio do libro 'Cen historias máxicas pola Mariña Encantada', de Antón Reigosa.
A entrega dos libros ao concello por parte da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo foi nunha presentación do libro que houbo no Museo do Mar de San Cibrao.
A obra recrea historias sobre quince concellos da Mariña e complétase con 60 ilustracións de Neira Brochs.
"É un libro máxico que recolecta a riqueza do patrimonio cultural inmaterial da Mariña lucense, unha xoia que temos que preservar. Coidar este Patrimonio é moi necesario, xa que é o noso legado como pobo", afirma a concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega.
"Trátase de relatos sobre encantos, milagres, seres e lugares lexendarios localizados na comarca", explica o autor, Antón Reigosa.
Pola súa parte, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, agradece a entrega de exemplares por parte da Deputación e recomenda "a lectura dun libro moi noso, con historias e lendas que escoitamos na Mariña desde a nosa infancia".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18220114707947