Viveiro renova dúas pistas municipais

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro acometerá a mellora do firme de dúas pistas de titularidade municipal, a Pista da Igrexa e a Pista Portociño, que dan acceso a numerosas parcelas agrícolas existentes na parroquia de Landrove, co fin de facelas máis utilizables.
es2018lgdif
27 Jul 2020

O Concello de Viveiro acometerá a mellora do firme de dúas pistas de titularidade municipal, a Pista da Igrexa e a Pista Portociño, que dan acceso a numerosas parcelas agrícolas existentes na parroquia de Landrove, co fin de facelas máis utilizables.

En concreto, o pasado venres, 24 de xullo, tivo lugar a mesa de contratación para a apertura de ofertas para a adxudicación deste contrato, baixo o nome ‘Proxecto para a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas’.

Os viais obxecto deste proxecto posúen un firme envellecido polo tráfico soportado e a entrada de augas pluviais nas plataformas dos camiños, que provocan arrastres importantes de material do firma.

As obras que se pretenden realizar nos devanditos camiños consisten en actuacións de mellora, mediante o reforzo do firme coa incorporación de novas capas máis axustadas ás características do tráfico rodado que soportan, e de mantemento, tanto do firme existente mediante bacheo de determinadas zonas como de mantemento das marxes dos camiños mediante a limpeza das cunetas.

Esta obra, cun presuposto de contrata de 55.725,24 euros, é subvencionada polo Agader, que financia o importe de 46.053,92 euros, correspondendo á aportación municipal o importe restante, por un total de 9.671,32 euros.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.074712991714478