Viveiro regresa ao Renacemento esta fin de semana

AMariñaXa
O centro histórico enche de vida e cor do 4 ao 6 de xullo con espectáculos, música e actividades para todas as idades
MERCADO-RENANCENTISTA-2
4 Jul 2025

O Concello de Viveiro prepara unha nova edición do Mercado Renacentista, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de xullo. Durante estes tres días, a vila mergullarase na súa historia coa programación de arredor de corenta actividades que incluirán o tradicional desembarco de Carlos V, espectáculos de lume e acrobacias, música medieval, contacontos e un mercado artesanal ambientado na época.

O casco histórico transformarase nun escenario repleto de cor, música e personaxes característicos doutros tempos. Entre as actividades destacan pasarrúas e actuacións de formacións locais como Bágoas da Terra, así como a animación de rúa que correrá a cargo dos grupos Gaeloc e Skaldir. Para o público infantil, o Recuncho Infantil ofrecerá atraccións ecolóxicas durante o horario do mercado.

Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, subliñou que “esta celebración, xa consolidada no calendario cultural, representa unha oportunidade para dinamizar o comercio e a hostalaría locais, ao mesmo tempo que pon en valor o noso patrimonio histórico e atrae visitantes á nosa vila”.

A rexedora engadiu que “Viveiro converterase novamente nun escenario aberto onde a historia cobrará vida, e esperamos que veciños e visitantes gocen dunha fin de semana repleta de maxia, música e tradición”.

MERCADO-RENANCENTISTA-1
⚙ Configurar cookies
0.16837596893311