Viveiro reforza o alumeado en tres parques infantís

AMariñaXa
O Concello de Viveiro remata os traballos para reforzar o alumeado dos parques infantís do paseo marítimo, de Lodeiro e de Parquemar. 
PARQUE INFANTIL VIVEIRO3
24 Mar 2022

O Concello de Viveiro informa do remate dos traballos para reforzar o alumeado dos parques infantís do paseo marítimo de Viveiro, de Lodeiro e de Parquemar.

“Son espazos de ocio e lecer moi utilizados polos nenos e nenas, polo que quixemos acometer esta actuación antes do verán para que as instalacións estén nas mellores condicións”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

 No parque do paseo marítimo de Viveiro colocáronse dúas columnas de oito metros, con dous proxectores en cada unha delas, de 100 vatios e de 50 vatios. Ademais, cada unha destas columnas ten na parte baixa unha luminaria como as que xa había anteriormente.

 En Parquemar instalouse unha columna de 10 metros con tres proxectores de 100 vatios e en Lodeiro tamén se instalaron dous proxectores novos. No parque de Lodeiro, queda pendente a colocación de tres luminarias para substituír as xa existentes, quedando este labor pendente por falta de subministración como consecuencia da folga de transportistas.

 Ademais dos traballos para mellorar a iluminación destes parques infantís, o Concello de Viveiro continúa realizando continúa realizando as tarefas de mellora e mantemento que de forma periódica se levan a cabo nestas instalacións. Entre estes labores inclúese a reparación e suxeición dos elementos de xogo, a substitución dos elementos deteriorados, a reparación do caucho, a corta da herba ou limpeza.

0.16456913948059