Viveiro recada a opinión cidadá sobre o Plan de Sostibilidade Turística
O Concello de Viveiro impulsa a difusión dunha enquisa dirixida en exclusiva á cidadanía, enmarcada no proceso participativo paralelo á redacción do documento de Plan de Sostibilidade Turística en Destino de Viveiro.
O cuestionario forma parte das accións promovidas dende o goberno local de cara a presentar a súa candidatura á Convocatoria Extraordinaria de Plans de Sostibilidade Turística en Destinos deste ano 2023, aberta pola Secretaría de Estado de Turismo.
Co citado cuestionario búscase recadar a opinión dos cidadáns sobre as acciones prioritarias a levar a cabo.
Todas elas deben ser viables técnica e economicamente, ademais de estar na liña coas políticas europeas, nacionais e rexionais.
A enquisa estará dispoñible ata este sábado día 4 de marzo.