Viveiro reafirma o pacto de amizade con Israel
Este 2021 celébranse os 25 anos do irmandamento ou amizade co pobo xudeu en Viveiro, simbolizada en 1996 coa plantación de dúas oliveiras nas instalacións do Casino Club Náutico.
O asentamento ou presenza xudea en Viveiro é significativa como a de Ribadavia, Coruña, Betanzos ou Monforte. Crese que o Calexón do Muro era unha antiga xudería, ou se fala sobre a posible orixe da familia Viveiro. Algúns dos veciños viaxaron a Terra Santa como Constanza de Castro ou na actualidade realizan traballos técnicos alí. Ademais Galicia ten relacións comerciais frutíferas con Israel.
Como sucedese co La Habana ou Lannion, o pobo de Viveiro puxo en marcha unha política de diplomacia internacional, das súas relacións ou lazos históricos. 25 anos despois retoma os seus leitos cos amigos de Israel a través dunha colaboración coa Embaixada de Israel en España, Concello de Viveiro e a Cámara Multilateral de Comercio e Cooperación Israel-Iberoamérica.
O vindeiro xoves 18 de marzo ás 17:30 horas levará a cabo un acto simbólico e sinxelo na sala multiusos de consistorio municipal.
Neste evento falarase de novo sobre as vinculacións entre ambos. Entregarase unha insignia recordatorio, abrindo a porta da amizade e futuras alianzas a nivel comercial ou turístico.
O acto dará inicio ás 17.30 horas cunha presentación sobre a relación entre as dúas comunidades a cargo de Antonio Lage Seara e Juan Carlos Piñeiro, diector e vicedirector rexional CMCII; así como do cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, e da voceira da embaixada de Israel, Noa Hakin.
A sesión contará cunha lembranza a César Aja Mariño, o falecido alcalde de Viveiro e diplomático e finalizará coa entrega dun símbolo de amizade.