Abren as inscricións para a II Xuntanza de Vehículos Clásicos de Viveiro

AMariñaXa
O concello acolle a II Xuntanza de Vehículos Clásicos Viveiro na que poden participar tanto coches como motos
II-Xuntanza-de-Vehículos-Clásicos-Viveiro
26 Ago 2024

Os amantes dos coches teñen unha nova cita no municipio de Viveiro o vindeiro 14 de setembro. O concello acolle a II Xuntanza de Vehículos Clásicos Viveiro na que poden participar tanto coches como motos. O escenario será o aparcadoiro Os Castelos, en Covas. Os interesados en tomar parte poden anotarse ata o vindeiro 10 de setembro.

O programa comeza ás 10.00 horas coa recepción e inscrición á ruta turística que comezará ás 11.30 horas. Xa ao mediodía, ás 13.30 horas, terá lugar unha sesión amenizada para dar paso á comida e sorteos. Ademais, a partir das 20.30 horas organizan a Festa da Cervexa e Empanada de xeito totalmente gratuíto.

0.059918880462646