Viveiro presenta a nova programación do Teatro Pastor Díaz para o último trimestre do ano
O Concello de Viveiro anunciou a programación do Teatro Pastor Díaz para o último cuadrimestre de 2024, que arrincará o 28 de setembro coa representación de Apaga o candil, unha obra da compañía Contraproducións destinada a un público adulto.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, subliñou que “a 100 anos do seu nacemento, o Teatro Pastor Díaz está máis vivo que nunca” grazas ao apoio da cidadanía e á calidade da programación.
A edil tamén destacou que a oferta cultural busca atraer a persoas de todas as idades, con espectáculos de teatro, música e danza. Ademais, Fernández-Noriega sinalou que o teatro é un referente no circuíto galego e animou ao público a asistir ás próximas funcións, augurando un éxito de participación. Tras o inicio con 'Apaga o candil', a seguinte función será 'Cinco minutos sen respirar', de Ítaca Teatro, o 5 de outubro.
Programa completo:
Setembro:
Sábado 28 de setembro - 20.30 horas: 'Apaga o candil' de Contraproducións (Adultos).
Outubro:
Sábado 5 de outubro - 20.30 horas: 'Cinco minutos sen respirar' de Ítaca Teatro (Adultos).
Sábado 12 de outubro - 20.30 horas: 'Artes' de Hipócrita Teatro Afeccionado (Adultos).
Xoves 24 de outubro - 20.30 horas: 'Ada Bryon. La tejedora de números' de La Westia Producciones (Adolescentes / adultos).
Sábado 26 de outubro - 18.00 horas: 'Pum, pum, quen ahi?' de África Teatro (Infantil +3 anos).
Novembro:
Sábado 2 de novembro - 18.00 horas: 'Kyoki' de Elefante elegante (Infantil +3 anos).
Sábado 9 de novembro - 20.30 horas: 'Sofá' de Marta Alonso Tejada (Adultos).
Sábado 16 de novembro - 20.30 horas: 'La ratita presumida' de Tropos teatro (Infantil 2 a 10 anos).
Sábado 23 de novembro - 20.30 horas: 'Concerto de Sta.Icia' da Banda Municipal de Música de Viveiro.
Sábado 30 de novemvro - 20.30 horas: 'Noso' de Os náufragos Teatro' (Adulto).
Decembro:
Venres 6 de decembro - 18.00 horas: 'Odaiko' de Grupo de percusionistas (Familiar).
Sábado 14 de decembro - 20.30 horas: 'Testosterona' de Malasombrateatro (Adultos).
Sábado 21 de decembro - 20.30 horas: 'Concerto de Nadal' da Banda de Música de Viveiro.
Sábado 28 de decembro - 20.30 horas: 'Gala de Maxia' (Familiar).