Viveiro prepárase para celebrar as festas de San Pedro con música, gastronomía e tradición

AMariñaXa
A parroquia organiza dous días de festexos con churrascada, verbena, misa solemne, xantar popular e actividades para todas as idades
viveiro-festas-san-pedro-2025
27 May 2025

A localidade de Viveiro vivirá os vindeiros días 27 e 28 de xuño unha nova edición das Festas en honra a San Pedro, organizadas pola Comisión de Festas da parroquia coa colaboración de entidades locais e empresas da contorna. A programación ofrece unha ampla variedade de actividades pensadas para todos os públicos, mesturando tradición, música e boa comida.

O venres 27 comezará a celebración cunha gran churrascada a partir das 20:30 h, seguida dunha verbena a cargo do grupo Fénix e o Dúo Dilema. Durante a xornada haberá tamén lanchas gratuítas para o goce dos máis pequenos.

O sábado 28 será o día grande. Ás 13:00 h celebrarase a misa solemne e posterior procesión, tras a cal dará comezo a sesión vermú con música en directo do grupo M3 e o Dúo D’Cache Music. Á hora do xantar terá lugar unha comida popular con empanada, lagostinos, lacón asado, sobremesa, café e chupo, servida por Seiramar Cátering. Para asistir, é necesario inscribirse antes do 22 de xuño.

A festa continuará pola tarde co baile amenizado polo Dúo D’Cache Music, e pola noite retomarase a verbena con M3 Show e o Grupo Arizona, que poñerán o broche final a unha fin de semana de celebracións.

A organización convida a veciñanza e visitantes a sumarse a estes festexos, que un ano máis consolidan a Viveiro como un referente do lecer e a tradición galega.

⚙ Configurar cookies
0.16235589981079