Viveiro prepara a Semana Santa

AMariñaXa
O Concello de Viveiro presenta o seu programa de obradoiros gratuítos para a Semana Santa, dirixidos á infancia entre 4 e 12 anos.
semana santa viveiro
5 Apr 2022

A Semana Santa 2022 de Viveiro celebrarase nas vindeiras semanas de abril nas que centos de fieis congregaranse un ano máis para gozar cunha das mellores celebracións de Semana Santa de Galicia. A festa está declarada como Festa de Interese Turístico Internacional.

Ademais das tradicionais procesións haberá unha presentación do proxecto de coroa para a imaxen da Nosa Señora da Clemencia na capela da Misericordia, un concerto benéfico da Banda a favor de Afa Viveiro ás 18.00 nas Concepcionistas e o pregón de Aurelia Balseiro ás 20.30 horas no teatro. Tamén no teatro o mércores 13 será o primeiro concurso de Marchas Procesionales Blas García Liz e o xoves 14 proxectarase un documental sobre os 75 anos da Irmandade do Prendimiento.

As procesións arrincan o venres 8 coa Virxe das Dores ás 21.00 horas e seguirán o Domingo de Ramos, día 10, coa Borriquita ás 12.00 horas, coa tradicional bendición de ramos e palmas na praza Maior. Ese mesmo domingo será a procesión do Ecce Homo ás 19.30. Todas elas terán saída dende San Francisco.

Xa a semana grande comeza coa Tamborada o luns ás 21.00 horas na praza Maior e seguirá cos Vía Crucis desde San Francisco, o martes o de mulleres ás 21.00 horas e o mércores o de homes 22.00 horas.

Dende San Francisco tamén sairán as procesión do Xoves Santo, a da Última Cea ás 19.30 e O Prendimiento ás 22.00 horas, ás 00.30 será á da Misericordia pero dende o Ecce Homo.

Outros actos como O Encontro o Venres Santo ás 10.00 horas na praza Maior, o Sermón das Sete Palabras na Igrexa de San Francisco ás 12.00 horas, o Desenclavo con imaxes articuladas ás 18.30 no atrio de Santa María, a procesión do Santo Enterro ás 19.30 desde Santa María, a Pasión ás 22.00 horas desde San Francisco, o Sermón da Soidade ás 00.00 horas e a procesión dos Caladiños ás 00.30.

O 16 de abril é Sábado de Gloria e comezará coa procesión da Esperanza da Resurrección que comezará ás 19.30 horas con saída de San Francisco e o domingo será o Encontro de Resurrecións ás 12.00 desde Santa María. Pecharán os desfiles do Vía Lucis ás 19.30 dese San Francisco.

VISITAS. O Centro Comercial Histórico e a Xunta de Confrarías organizan todos os días xunto co guía Suso Martínez unha serie de visitas desde a praza Maior. O luns, martes e mércores ás 18.00 horas, xoves ás 12.00, venres 13.00, o sábado ás 17.30 horas e o domingo ás 13.00 horas. Os grupos serán de 35 persoas máximo e para participar haberá que reservar praza chamando ao 650 506 717.

OBRADOIROS. O Concello presenta o seu programa de obradoiros gratuítos, dirixidos á infancia entre 4 e 12 anos. En total, realizaranse tres talleres, co obxectivo de ofrecer unha proposta de lecer durante as vacacións escolares e facilitar a conciliación familiar.

O primeiro será o luns 11 de abril sobre papiroflexia, xogos e baile. O martes, 1 2 de abril, os cativos e cativas gozarán de malabares, xogos e happy ioga. Por último, o mércores 13 de abril, os participantes terán unha ginkana, xogos e retos de lóxica.  Nas tres xornadas o horario será de 10:30 a 13:30. Para participar, cómpre realizar a inscrición por WhatsApp no teléfono 654 208 333.

0.17091703414917