Viveiro pon en marcha unha nova edición do Maratón Urbano para persoas con discapacidade intelectual

AMariñaXa
Un evento deportivo que este sábado, día 25 de maio, reunirá en Viveiro a 138 deportistas acompañados de 35 adestradores, procedentes de 11 entidades das catro provincias
maraton_urbano_viveiro
Presentación da proba
23 Maio 2024

O Concello de Viveiro acolleu presentación da 26 edición do Maratón Autonómico Urbano para persoas con discapacidade intelectual, organizado por Special Olympics Galicia. Un evento deportivo que este sábado, día 25 de maio, reunirá en Viveiro a 138 deportistas acompañados de 35 adestradores, procedentes de 11 entidades das catro provincias galegas.

Participaron na rolda de prensa Jesús Fernández, segundo tenente de alcaldesa de Viveiro; Manuel Otero Méndez, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta; Eladio Fernández Pérez, presidente de Special Olympics Galicia; e por parte da asociación Aspanane María Dolores Fernández Pérez, a súa presidenta, e María Elena Santos Cociña, directora xerente.

“Para o Concello de Viveiro é unha honra acoller o sábado e colaborar con esta proba de Special Olympics Galicia, asociación dedicada á promoción das persoas con discapacidade a través do Deporte e do Ocio, coa colaboración tamén de Fademga e da asociación Aspanane”, asegurou Fernández. Colaborar con esta proba é “un paso máis na nosa aposta polo deporte e a inclusión, con numerosas iniciativas agrupadas baixo o paraugas de ‘Viveiro Inclúe’”, engadiu.

0.19478702545166