Viveiro pon en marcha unha campaña solidaria de recollida de xoguetes

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro puxo en marcha unha campaña solidaria de recollida de xoguetes para repartir entre as familias do municipio en situación de vulnerabilidade con menores ao seu cargo (de 0 a 16 anos).
11 Dec 2019

O Concello de Viveiro puxo en marcha unha campaña solidaria de recollida de xoguetes para repartir entre as familias do municipio en situación de vulnerabilidade con menores ao seu cargo (de 0 a 16 anos).

As persoas interesadas en colaborar poden achegar xoguetes, xogos de mesa, puzzles, material informático, material escolar ou libros, sempre e cando estén en bo estado e con todos os seus compoñentes.

“Con esta iniciativa queremos ampliar o alcance da campaña de recollida que tradicionalmente se realiza en colaboración con outras entidades do municipio, o Nadal é un tempo especial e queremos que ningún neno ou nena quede sen xoguete”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

A recollida realizase no Concello de Viveiro, praza Maior, en horario de 10.00 a 14.00 horas e ata o 18 de decembro. A clasificación e distribución dos xoguetes correrá a cargo dos servizos sociais municipais.

“Ademais da labor solidaria e do compoñente educativo de transmitir aos nosos fillos e fillas a importancia da xenerosidade e de ser capaces de desprenderse dos seus obxectos para facer felices a outros nenos e nenas, cómpre resaltar a importancia da reciclaxe e dar unha nova vida aos xoguetes”, engade a alcaldesa de Viveiro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16521382331848