Viveiro pon en marcha un plan para mellorar a accesibilidade da vila

AMariñaXa
O plan impulsará unha conexión fácil e accesible entre os principais equipamentos de Viveiro, cumprindo a normativa de accesibilidade vixente e co obxectivo dunha vila máis amable cos peóns
reunion_accesibilidade_viveiro
Reunión sobre o plan de accesibilidade
20 May 2024

A tenente de alcaldía do Concello de Viveiro, Míriam Bermúdez, mantivo unha reunión de traballo con Diego Piñeiro, técnico encargado do novo plan de accesibilidade da vila; Santiago Meitín, arquitecto municipal, e Alejandro Rodríguez, arquitecto de COGAMI, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade.

Na reunión, comezaron a definir as zonas, itinerarios e accións que incluirá o plan, “que conectará os principais equipamentos de Viveiro, resolvendo as ramplas e corrixindo os pasos de peóns e pavimentos que a día de hoxe dificultan os desprazamentos das persoas con mobilidade reducida”, explica Míriam Bermúdez. “Queremos que sexa una ferramenta que mellore a vida das persoas con mobilidade reducida e sirva de beneficio para persoas maiores, con carriños de bebés ou con doenzas temporais, en definitiva, para toda a veciñanza”, engade.

O plan impulsará unha conexión fácil e accesible entre os principais equipamentos de Viveiro, cumprindo a normativa de accesibilidade vixente e co obxectivo dunha vila máis amable cos peóns, máis aberta e máis inclusiva. “Queremos facer un Plan de Accesibilidade para Viveiro que teña no centro as demandas das persoas con discapacidade, facendo de Viveiro un lugar accesible e cómodo para todas as persoas”, remata Míriam Bermúdez.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.22511696815491