Viveiro pon en marcha ‘Tod@s contan’ para celebrar o Día Internacional do Libro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro pon en marcha ata o domingo a iniciativa ‘Tod@s Contan’ para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
2 Abr 2020

O Concello de Viveiro pon en marcha ata o domingo a iniciativa ‘Tod@s Contan’ para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Mañá, 2 de abril, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e con motivo desta efeméride o Concello de Viveiro impulsa a iniciativa, mediante a que quere convidar a todas as persoas de 0 a 100 anos para que envíen fotografías ou pequenos vídeos, por exemplo unha foto da portada do libro favorito, un vídeo lendo, etcétera.

O material recibido será publicado na Programación Cultural do Concello de Viveiro e o obxectivo é encher esta rede cunha gran cantidade de fotos e vídeos sobre libros infantís e xuvenís.

A iniciativa servirá para coñecer os gustos da veciñanza e, ao mesmo tempo, que as súas preferencias sirvan de inspiración para outros lectores, creando un gran mural da literatura infantil e xuvenil.

Esta iniciativa abrangue todas as idades, por que hai nenos e nenas que non saben ler pero teñen, tamén, os seus libros favoritos (libros sen texto ou específicos para bebés, libros que lles len os adultos, etcétera).

Todas aquelas persoas que queiran participar nesta iniciativa poden enviar as súas fotografías e vídeos por correo electrónico (lamarca21@gmail.com) ou por whatsapp (697 322689).

0.069283008575439