Viveiro pon en marcha o programa Reconecta-te

AMariñaXa
Viveiro pon en marcha o programa Reconecta-te. inclúe nas próximas semanas clases de iniciación ós bailes de salón, ioga para maiores
1 reconectate viveiro programa 2022
3 Out 2022

O Concello de Viveiro ten entre as súas prioridades o fomento dos hábitos de vida saudables entre os seus veciños e veciñas, e no marco deste obxectivo pon en marcha o programa ‘Reconécta-te’ para as persoas maiores de 65 anos.

O programa inclúe nas próximas semanas clases de iniciación ós bailes de salón, ioga para maiores e un taller dinámico de nutrición e actividade física. Ademais, o 23 de outubro haberá unha tarde de festa.

“Traballamos desde hai tempo para impulsar o envellecemento activo e para elo organizamos desde o concello estas actividades, dirixidas a homes e mulleres a partir de 65 anos”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

Todas as sesións serán na sala multiusos do Concello de Viveiro, con diferentes horarios para adaptarse ás necesidades das persoas interesadas.

As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse ata o 10 de outubro, presencialmente de 09:00 a 14:00 horas na casa do concello, no teatro Pastor Díaz ou enviando un correo electrónico a rbg.cultura@viveiro.es

reconectate viveiro programa 2022
0.18967509269714