Viveiro participou no Encontro de Semanas Santas de Zamora
A Semana Santa de Viveiro, declarada de Interese Turístico Internacional, estivo representada en Zamora no Encontro de Semanas Santas de Interese Turístico Internacional co motivo do VII Congreso Nacional de Hermandades e Cofradías polo presidente da Xunta de Cofradías de Viveiro, José Veiga, e polo tenente de alcalde Jesús Fernández. Proxectouse o video promocional do concello e ademias a banda a Nosa Señora da Misericordia participou no certame de bandas.
Este congreso organizado pola Xunta de Castela e León e a Xunta Pro-Semana Santa de Zamora. Dito congreso profundizou a través de diferentes ponencias a historia, a antropoloxía, o arte e a teoloxía pastoral.
Dentro da programación deronse a coñecer a 17 comunidades que se seleccionaron e participaron nun debate público sobre as cofradías, a música e o turismo relixioso.
A Xunta de Castela organizou un programa turístico para involucrar a Zamora e os seus turistas, a través do Encontro das 24 Semanas Santas con declaración turísticas internacional
Na cidade castelá a paixón vivairense compartiu experiencias con Semanas Santas como a de Málaga, Cartaxena e Granada entre outras.