Viveiro participará no I Encuentro de Cofradías y Hermandades

AMariñaXa
Viveiro participará no I Encontro de Confrarías e Irmandades. Este evento será os días 20 e 21 de maio e poderase seguir en liña.
semana santa viveiro
12 May 2021

A Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua celebrará, os próximos 20 e 21 de maio, o I Encuentro de Cofradías y Hermandades. Este foro celébrase co obxectivo de poñer en común, dialogar e debater sobre algúns aspectos das celebracións de Semana Santa e Pascua, desde a visión das Irmandades e Confraría, protagonistas destas celebracións e da súa preservación e continuidade. Aspiran igualmente a sementar novas bases para afrontar, dunha maneira colaborativa, o futuro das nosas tradicións, a súa conservación e sustentabilidade no tempo.

En palabras da presidenta da Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua, Rosario Andújar, “este foro pretende contribuír a un mellor coñecemento dos valores deste extenso legado, vivo nunha gran parte de Europa. Un legado que combina notables diferenzas locais, coa súa ampla difusión como elemento común de moitas rexións”. Para Andújar, “As comunidades portadoras articuladas a través das Irmandades e Confrarías son unha peza crave que nos mostra o gran transfondo e riqueza social que manteñen vivas estas tradicións”.

De inscrición gratuíta, o evento celebrarase en formato virtual e incluirá un total de catro mesas redondas que terán lugar os citados días en horario de 19:00 a 21:00 horas. Os coloquios contarán coa participación de membros de irmandades e confrarías, técnicos e especialistas. Por parte de Viveiro participará José Veiga Golpe, presidente da Xunta de Confrarías de Semana Santa.

O prazo de inscrición para a participación no mesmo finaliza o próximo 14 de maio e pode realizarse a través da web www.encuentrodehermandades.eu

0.14833807945251