Viveiro organiza un Taller de Creación Audiovisual sobre Igualdade e Violencia de Xénero

AMariñaXa
Viveiro organiza este venres e sábado, días 3 e 4 de febreiro, un Taller de Creación Audiovisual sobre Igualdade e Violencia de Xénero. 
dia biblioteca viveiro 20222
31 Xan 2023

O Concello de Viveiro organiza este venres e sábado, días 3 e 4 de febreiro, un Taller de Creación Audiovisual sobre Igualdade e Violencia de Xénero.

"A loita pola igualdade real é para nós unha prioridade de goberno, e nesta tarefa é fundamental a formación das persoas máis novas", asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

A cita contará co Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro. O Taller está aberto a rapaces e rapazas de 13 a 17 anos, pero conta con prazas limitadas.

A actividade desenvolverase o venres de 17:00 a 20:00 horas e o sábado de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

Para recibir máis información así como subscribirse pódese e acudir á Oficina de Información Xuvenil de Viveiro, chamar ao teléfono 982 56 01 28 ou enviar un e-mail a:  información.xuvenil@viveiro.es 

0.1903829574585