Viveiro organiza un taller de bolsas de tea con frases de Florencio Delgado

AMariñaXa
O Concello de Viveiro organiza un taller de bolsas de tea que farán con frases de Florencio Delgado. Este obradoiro será o domingo 22
Florencio Delgado
15 Maio 2022

O Concello de Viveiro organiza un taller de bolsas de tea que farán con frases de Florencio Delgado. Este obradoiro será o domingo 22 de maio ás 12.30 horas na biblioteca municipal de Viveiro.

Será un día para festexar a súas verbas e sacalas de paseo nunha fermosa bolsa feita por eles e elas. Para participar será necesario reservar chamando ao  teléfono 982 570 606. O taller é totalmente de balde e está dirixido a maiores de 6 anos.

0.1273341178894