Viveiro organiza un progama de visitas guiadas durante o Nadal

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro pon en marcha o seu programa de visitas guiadas e rutas do Nadal, unha iniciativa dirixida aos veciños e visitantes que desexen coñecer o seu patrimonio histórico e cultural.
2 Dec 2019

O Concello de Viveiro pon en marcha o seu programa de visitas guiadas e rutas do Nadal, unha iniciativa dirixida aos veciños e visitantes que desexen coñecer o seu patrimonio histórico e cultural.

O programa levaráse a cabo todos os venres, sábados e domingos entre o vindeiro 6 de decembro e o 5 de xaneiro, ten carácter gratuito e vai dirixido ao público en xeral. As reservas se farán na oficina de turismo de Viveiro.

“Temos un amplo patrimonio civil e relixioso, este tipo de iniciativas permiten coñecer a historia de Viveiro e as persoas que asisten quedan sempre moi satisfeitas”, asegura Marisol Rey, concelleira de Turismo de Viveiro.

Pola súa parte, a alcaldesa, María Loureiro, amosa a súa satisfacción “polo impulso que lle estamos a dar ao Nadal en Viveiro, cunha programación moi variada e para todas as idades; cada ano temos máis persoas que nos visitan e eloxian as nosas iniciativas, desde o belén xigante, as melloras no alumeado ou estas visitas guiadas, unha proposta da Concelllería de Turismo que está tendo moito éxito”.

As visitas programadas para os venres ás 19.00 horas farán un recorrido nocturno polo casco histórico de Viveiro, pasando polo nacemento xigante Viveiro ante o berce e facendo a vistosa retrospectiva ao pasado gremial da vila.

Os sábados ás 16.00 horas está previsto un recorrido no Vivertren, alternando semanalmente a visita ao Souto da Retorta e á Área Etnográfica da Insua. Ámbolos dous son espazos de gran beleza natural.

Por último, a visita dos domingos ás 12.00 horas será tamén polo polo casco histórico de Viveiro, na que se fará especial fincapé na tradición local de colocar os nacementos nestas datas ao longo da vila. Ademáis, durante a visita ensinaranse os principais lugares de interese do casco.

0.21647596359253