Viveiro organiza o XII Mercado Renacentista

TerraChaXa | AMariñaXa
15 Mar 2019

O Concello de Viveiro organiza o Mercado Renacentista, que nesta edición terá lugar do 11 ao 14 de xullo (ambos incluídos).
Este ano preténdese dar continuidade á enfoque cultural que dende o ano pasado se conseguiu dar a este evento, incluíndo na programación exposicións, concertos e outras actividades que se desenvolverán ao longo de toda semana e que contribuirán a enriquecer esta cita, que xa se consolicou como un dos referentes socioculturais da Mariña Lucense.
O mercado soe reunir a diferentes sectores representativos da época como o do metal, a orfebrería, o textil, a artesanía, a cerámica, a gastronomía, ou os produtos naturais e ecolóxicos. Tamén pode haber talla da madeira, e un posto con ungüentos.

0.19245004653931