Viveiro ofrece nos cines outra alternativa de ocio mesmo durante as festas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
14 Aug 2019

Os cines de Viveiro dan a oportunidade aos cativos de pasar unha xornada de entretemento despois da praia e dos xogos ao aire libre. Dende a delegación de cultura e a de turismo do Concello vivariense animan a acudir ás seguintes sesións para disfrutar en familia.

Despois do pase da película 'Mascotas' o pasado 9 de agosto, chega o turno, en plenas festas de San Roque, de ir aos cines de Viveiro para ver 'Érase unha vez en Hollywood' e o 23 de agosto, 'Angry Birds 2'. Os horarios habituais adoitan ser a partir das seis da tarde, en varios pases, pero convén consultalo na web dos cines ou no propio edificio.

A entrada xeral para estas sesións é de seis euros, pero os xoves custa 4,50 euros e ademais están os descontos denominados Familcine, aplicado a familias numerosas, desempregados e pensionistas, por 3,90 euros.

Aparte, para os restantes públicos, os cines de Viveiro seguen pasando cada día ata o xoves, 16 de agosto, a nova película da saga 'Fast and Fourious', con distintos horarios de tarde que rematan en torno ás 23 horas. O filme 'Padre no hay más que uno' exhibirase ata o 16 de agosto, 'Venganza bajo cero' tamén se pasará cada día ata o mércores, 14, ao igual que a do Rei León, se ben continúan pasando 'Mascotas' ata o día 15. E o xoves 16 estrearase 'Érase unha vez en Hollywood', con pases de 18.30 e de 22.00 horas.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18412804603577