Viveiro oferta unha ampla variedade de actividades para o mes de xullo

AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa dos cursos deportivos para o próximo mes de xullo. Para os adultos ofértase unha ampla variedade de actividades
conciliacion concello viveiro veran
21 Jun 2022

O Concello de Viveiro informa dos cursos deportivos para o próximo mes de xullo. Para os adultos ofértase unha ampla variedade de actividades, mentres que a rapazada poderá gozar de cursos de iniciación á natación. 

Dunha banda, os nenos/as nados entre os anos 2013 e 2017 poderán inscribirse nun curso de iniciación á natación. As persoas interesadas poderán escoller entre o grupo de luns e mércores ou o grupo dos martes e xoves, a rapazada dividirase en quendas en función da súa idade. 

Doutra banda, o Concello de Viveiro oferta variadas actividades para adultos durante o mes de xullo.  Concretamente, ofértanse actividades de aquagym, intervalos, TRX, ciclo indoor e natación (niveis iniciación, medio e avanzado). Cada actividade ten o seu propio horario, con dous días á semana. 

As persoas interesadas nestes cursos poden obter máis información e reservar a súa praza na recepción da piscina municipal (no teléfono 982 570 610). 

viveiro actividades deportivas xullo 2022
viveiro actividades deportivas xullo 2022 1
0.15816378593445