Viveiro mantivo unha reunión “fructífera” coa consellería de sanidade

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, xunto co primeiro tenente de alcalde, Jesús Fernández, mantiveron unha reunión “cordial e desexamos que fructífera” con Ramón Ares, xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, e Rafael Sánchez, director de Atención Primaria do Sergas en Lguo, para falar da situación real na que se atopa o PAC.
11 Mar 2020

“A reunión foi fructífera porque escoitou as nosas demandas e prometeu estudialas de forma inmediata na busca de solucións aos problemas de saturación que ten o centro”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.

“Queremos que a Xunta cubra as vacantes que hai agora mesmo no PAC, dúas de mañá e unha de tarde, de forma estable, aínda que Sanidade asegura que é complicado a día de hoxe atopar facultativos de longa duración”, explica.

“Hai outros problemas en servizos determinados, como o de fisioterapia, o que provoca listas de espera de meses para rehabilitación en Viveiro, e esperamos que a reunión sirva de algo e se solucione a curto prazo”, engade a alcaldesa.

A reunión derivaba da solicitude feita por carta pola alcaldesa no mes de xaneiro polas carencias de persoal detectadas xa desde hai tempo no centro de saúde, o que provocou bastantes protestas dos usuarios.

“Tamén puxemos enriba da mesa a necesidade de reforzar os servizos médicos en épocas de moita afluencia de persoas, como a Semana Santa ou o Resurrection Fest”, remata María Loureiro.

0.1219470500946