Viveiro manterá ata o día 15 o punto de test de antíxenos

AMariñaXa
O Concello de Viveiro manterá o punto habilitado para facer test de antíxenos de maneira gratuíta durante a primeira quincena de febreiro.
test covid palito
3 Feb 2022

Dende o goberno municipal infórmase que o Sergas, en colaboración co Concello de Viveiro, manterá o punto habilitado para facer test de antíxenos de maneira gratuíta durante a primeira quincena do mes de febreiro.

As probas continuarán realizándose na Sala Multiusos da Casa do Concello, os martes e xoves, de 10.00 a 13.00 horas.

O cribado está aberto tanto á cidadanía de Viveiro como da contorna e non se necesita cita previa.

0.22654509544373