Viveiro lembra que o servizo de recollida de enseres quedou suspendido

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro, tendo en conta que continúan detectándose enseres e voluminosos na vía pública, lembra que o servizo de recollida deste tipo de residuos a domicilio quedou suspendido tras a declaración do Estado de Alarma.
8 Abr 2020

O concello apela á responsabilidade cidadá para evitar este tipo de condutas incívicas, atendendo ás graves consecuencias de salubridade que están a xerar. Advírtese, ademais, que o abandono de enseres na vía pública dará dará lugar á adopción das medidas e sancións que, de ser o caso, correspondan.

A decisión tomouse para preservar a saúde dos veciños e veciñas, xa que as autoridades sanitarias advierten da importancia de limitar as saídas á rúa e os posibles contactos físicos.

Por outra banda, lémbrase que o servizo de recollida de enseres a domicilio reanudarase en canto finalice o Estado de Alarma e as condicións sanitarias así o permitan, facendo constar que, nese momento, se fose necesaría, se valorará o incremento puntual dos días de recollida para atender a demanda existente.

0.18882489204407