Viveiro lanza un curso de iniciación musical para persoas adultas

AMariñaXa
O Conservatorio e o Concello colaboran nesta proposta gratuíta que se desenvolverá en maio
conservatorio-musica-viveiro
26 Apr 2025

O Concello de Viveiro, en coordinación co Conservatorio Profesional de Música da localidade, porá en marcha no mes de maio un curso gratuíto de iniciación á música dirixido a persoas adultas. A iniciativa busca ofrecer unha primeira aproximación ao mundo musical para quen sempre tivo interese, pero non atopou o momento ou a oportunidade para dar o paso.

As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición entre o luns 28 e o mércores 30 de abril, ben presencialmente na Secretaría do Conservatorio ou chamando ao 982 560 486.

Con esta proposta, o Concello de Viveiro reforza a súa aposta pola cultura e a formación musical, achegando a experiencia sonora a toda a cidadanía, independentemente da idade ou coñecementos previos.

⚙ Configurar cookies
0.12382888793945