Viveiro lanza un ciclo de charlas anuais para apoiar ás familias

AMariñaXa
As sesións gratuítas abordarán educación, convivencia e benestar da mocidade, con expertos en cada temática
concello-de-viveiro-casa-consistorial-2022
9 Dec 2025

O Concello de Viveiro presenta un novo programa de charlas dirixido a familias, co obxectivo de ofrecer ferramentas prácticas e información sobre a educación, a convivencia e o benestar da rapazada. As sesións desenvolveranse na sala multiúsos da Casa do Concello, sendo a entrada gratuíta ata completar o aforo.

A primeira conferencia, baixo o título "Tecnoloxía e rapazada. Riscos, límites e uso responsable", estará a cargo de Ramón Peña, especialista en seguridade dixital. No acto estarán presentes a alcaldesa, Mariña Gueimunde, e o director do Centro de Formación e Recursos de Lugo.

Mariña Gueimunde destacou a importancia da iniciativa: “As familias enfróntanse cada día a novos retos: o uso das pantallas, a convivencia, a saúde emocional ou as dinámicas sociais da infancia e adolescencia. Con este ciclo, queremos ofrecer apoio, información e acompañamento profesional nun espazo de confianza e diálogo”.

O programa continuará entre xaneiro e maio con charlas sobre ciberacoso, límites educativos, puberdade e prevención de adiccións, impartidas por profesionais de referencia en cada ámbito, garantindo así unha formación integral para as familias de Viveiro.

⚙ Configurar cookies
0.072995185852051