Viveiro lanza apps de actividades para animar o Nadal

AMariñaXa
Viveiro lanza apps de actividades para animar o Nadal
mobil tecnoloxia
14 Dec 2023

O Concello de Viveiro xa conta cunha nova aplicación turística que inclúe a recreación en realidade aumentada da porta de Carlos V, ademais doutros servizos para veciños e visitantes.

“Un paso máis na nosa aposta pola dixitalización turística, este é o xerme dun proxecto máis ambicioso para recrear en 3D todo o Viveiro medieval”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

A concelleira de Turismo, Marisol Rey, destaca “a importancia de ofrecer este tipo de recursos ás persoas que nos visitan e aos propios veciños e veciñas, dándolles experiencias novas para gozar de Viveiro”.

A nova aplicación, para a que o Concello de Viveiro conseguiu unha subvención da Xunta de Galicia con fondos europeos, ten xeoposicionamento para a dixitalización e posta en valor dos recursos patrimoniais e turísticos de Viveiro.

Coa implantación desta app en Realidade Aumentada (RA) en Viveiro, o concello sitúase á vangarda das tendencias tecnolóxicas no sector turístico. A app permite dixitalizar 100 recursos turísticos (dos que agora mesmo hai recollidos máis 60) e 20 rutas (das que xa hai trazadas a metade).

“Dende o Concello de Viveiro apostamos por unha solución tecnolóxica cun enorme potencial, e cunha aposta decidida pola sostenibilidade, ao non necesitar de elementos físicos para o seu lanzamento. A app permite reducir o consumo de papel e outros materiais impresos, contribuíndo á redución da pegada ecolóxica do turismo”, engade Loureiro.

A App pódese descargar nos seguintes enlaces na App StorePlay Store.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.074251890182495