Viveiro instala 13 puntos de recollida de roupa usada

AMariñaXa
O Concello de Viveiro implantou o servizo de recollida selectiva de roupa usada e outros residuos téxtiles no municipio.
colector roupa usada viveiro
18 sep 2022

O Concello de Viveiro implantou o servizo de recollida selectiva de roupa usada e outros residuos téxtiles no municipio.

Para o Concello de Viveiro, o fomento de actuacións que melloren a xestión do medio ambiente no municipio é un obxectivo primordial. Entre estas actuacións, inclúese a recollida de residuos susceptibles de valoración, cuxa xestión non diferenciada pode ser causa de prexuízo para o medio ambiente.

Con este novo servizo, o Concello de Viveiro busca avanzar dunha economía lineal a un modelo circular. Neste tipo de esquemas, redúcese o consumo de recursos naturais, aproveitando os residuos e permitindo o peche do ciclo de vida dos produtos e servizos.

Ademais, esta medida adianta ao Concello de Viveiro na obrigatoriedade imposta pola Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular. Esta nova norma obrigará a que as entidades locais establezan a recollida separada de téxtil antes do  31 de decembro de 2024. Porén, o Concello de Viveiro contará xa con este sistema instalado.

Os elementos depositados nos contedores pasaran por varios  procesos de clasificación. Así, separarase a roupa susceptible de ser reutilizada en mercados internacionais de segunda man con poder adquisitivo baixo, da que non se poda usar, que se destinará a materia prima para a produción de panos de limpeza.

Finalmente, a roupa de mais baixa calidade que se destinará á recuperación da fibra para a obtención de fío para mantas ou ben para a produción de recheos.

Os 13 colectores localízanse en senda de San Lorenzo 17, Suasbarras 1, rúa Luis Cebreiro, avenida Ferrol 41, rúa Villafranca del Bierzo con avenida Ferrol, Lodeiro 26, praza de Lugo, avenida Cantarrana 11, rúa Benito Galcerán, rúa Santiago, Lugar O Cruceiro, Verxeles -LU-540 (Abanca) e no Punto Limpo.

Para realizar este proxecto, o Concello de Viveiro adheriuse ao servizo de recollida de roupa usada posto en marcha pola Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense.

0.17229104042053