Viveiro inicia a resolución do contrato do matadoiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro inicia a resolución do contrato do matadoiro polo concurso de acreedores da empresa concesionaria
maadoiro viveiro
4 May 2021

O Concello de Viveiro informou que no Pleno do día de hoxe incluirase de maneira urxente un punto referente ao inicio do expediente de resolución do contrato de explotación do matadoiro municipal. 

O Concello de Viveiro viuse na obriga de incluir este punto dado que a empresa contratista se atopa en concurso de acreedores, constando a apertura da fase de liquidación. Este feito por parte da empresa supón a incursión nunha causa imperativa de resolución contractual.

Dende o Concello de Viveiro explícase que a urxencia en incluír este punto no pleno do día de hoxe vén motivada polo coñecemento da situación concursal da empresa o pasado 30 de abril.

O devandito contrato fora asinado o 30 de setembro de 2014 coa empresa Explotaciones Viveiro S.L. e tiña unha duración de 25 anos.

O Concello iniciará despois de resolver o contrato a tramitación dun novo concurso para adxudicar o servizo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18545889854431