'Viveiro inclúe', será a marca para facer do municipio un lugar máis accesible

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
1 Feb 2020

O Concello de Viveiro anuncia o lanzamento de Viveiro Inclúe, unha nova marca para facer do municipio un lugar máis accesible.

O proxecto inclúe a creación dunha mesa cidadá onde a veciñanza poderá facer propostas e a formación dun grupo mixto que traballará en iniciativas novas ou na adecuación das existentes en favor das persoas con diversidade funcional.

As concellerías de Cultura e Benestar Social, que coordinan Lara Fernández e Victoria Baamonde respectivamente, colaboran no lanzamento da marca 'Viveiro inclúe', que aspira a facer do municipio viveirense un lugar máis accesible para as persoas con diversidade funcional.

“A nosa acción de goberno ten desde un primeiro momento entre as súas prioridades que Viveiro sexa un municipio inclusivo para todo tipo de persoas e colectivos e accesible para aquelas persoas con diversidade funcional, polo que este tipo de proxectos son o resultado dese compromiso”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

O proxecto constará de dous piares. 'Viveiro inclúe' creará unha plataforma cidadá de participación aberta, a fin de que as persoas que integren a mesa poidan propoñer, desde distintas experiencias vitais e profesionais, accións ou iniciativas para unha mellora da accesibilidade no municipio. Todos aqueles viveirenses que teñan algunha proposta que formular ou algunha dificultade diaria que poñer de manifesto, están convidadas a participar.

Será un equipo mixto do Concello o encargado de dar forma ás propostas. Con este obxectivo formarase un grupo multidisciplinar, que traballará en novos proxectos ou adecuará os existentes para que ofrezan esa necesaria accesibilidade. Unha das iniciativas contempladas polo goberno local é, por exemplo, a instalación de semáforos sonoros na Cidade do Landro.

A marcaViveiro Inclúe nace dun evento pioneiro como Superarte, a mostra de teatro feito por persoas con diversidade funcional, que no pasado mes de outubro celebrou con éxito a súa segunda edición.

En Superarte se poideron individualizar, entre outras, as necesidades e obxectivos como facer partícipe e coñecedora á sociedade da realidade e capacidades das persoas con diversidades funcionais e intelectuais.  Ademais de favorecer a interacción das persoas de persoas con diversidades funcionais e intelectuais coa contorna mediante o proceso de mellora da accesibilidade dos espazos, ou favorecer a toda a sociedade no acceso aos servizos da comunidade, adaptando espazos.

A intención das concellerías de Cultura e Benestar Social é que a creación da marca vaia ao pleno do mes de marzo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16645884513855