Viveiro impulsa o programa Divernadal’25 para ofrecer lecer e convivencia á infancia durante as vacacións

AMariñaXa
As actividades celebraranse no pavillón Antonio Tarrío entre o 22 e o 26 de decembro e dispoñen de 60 prazas
Viveiro-diversinadal-2025
11 Dec 2025

O Concello de Viveiro prepara unha nova edición do Divernadal’25, unha proposta de ocio pensada para que os nenos e nenas de Educación Primaria dispoñan dun espazo seguro e divertido durante o período vacacional do Nadal. A iniciativa desenvolverase os días 22, 23, 24 e 26 de decembro no pavillón Antonio Tarrío, en horario de 10:30 a 13:30 horas.

O programa nace coa intención de favorecer a convivencia, a creatividade e o xogo compartido, mediante unha variedade de actividades deseñadas en función da idade do alumnado participante. Desde dinámicas lúdicas ata pequenos obradoiros temáticos, o Divernadal’25 busca ofrecer alternativas de entretemento educativo que axuden a conciliar e, ao mesmo tempo, fomenten a socialización entre os máis pequenos.

As familias interesadas poden formalizar a inscrición a través dos formularios dispoñibles na páxina web do Concello de Viveiro ou recollelos directamente na Conserxería ou na OMIX. En total, ofértanse 60 prazas que serán cubertas por orde de inscrición.

⚙ Configurar cookies
0.091420888900757