Viveiro homenaxea ao músico Óscar Fedez cun concerto benéfico

AMariñaXa
Haberá venda de merchadising co obxectivo de recadar diñeiro para a Asociación Española contra o Cancro
concerto_homenaxe_oscar_fedez
31 Xul 2024

Preparan un concerto homenaxe ao músico viveirense Óscar Fernández o vindeiro día 9 na praza Maor de Viveiro a partir das 21.00 horas. Na cita estarán os grupos e cantantes Eu Son Band, Back in Ton, El Hchigri, Yuno, Mala Vida, Leo Salinas, Joni Ramos e True Montais. Ademais das sesións musicais. Haberá venda de merchadising co obxectivo de recadar diñeiro para a Asociación Española contra o Cancro a favor da investigación desta enfermidade.

Tamén se venden camisetas por 10 euros para recadar fondos e haberá unha fila cero para que os interesados poidan doar se así o desexan. Óscar Fernádez, natural da parroquia de Galdo, faleceu en outubro do 2023 e foi profesor no CEIP de Alfoz e sempre estivo vinculado ao mundo da música.

0.18958520889282