Viveiro habilita tres puntos para doazóns de material para Ucraína
O Concello de Viveiro recorda á cidadanía que dende hoxe, luns 7 de marzo, poden facerse doazóns de material para Ucraína nos tres puntos habilitados, no Centro de Servizos Sociais; na Casa do Forno, de Celeiro; e no Centro Social de Covas.
No Centro de Servizos Sociais, as doazóns poden realizarse dende hoxe ata o venres 11 de marzo, de 8:00 a 20:00 horas. Na Casa do Forno, as doazóns poden realizarse dende hoxe ata o venres 11 de marzo , de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas.
No Centro Social de Covas, as doazóns poden realizarse hoxe ata o domingo 13 de marzo. O horario de luns a venres é de 15:00 a 20:00 horas e o domingo é de 15:30 a 19:30 horas.
O material que se está a recoller inclúe mantas e roupa de abrigo, produtos para bebés como cueiros, biberóns ou toalliñas; así como produtos de hixiene.